
Xardinaría e mantemento
Coidado integral de espazos verdes e instalacións para contornos máis seguros, limpos e sustentables.
Que problema resolve?
Os espazos verdes e as instalacións exteriores perden aspecto e funcionalidade sen un mantemento planificado.
En que consiste?
Coidado integral de zonas verdes, arboredo e elementos exteriores para manter contornos seguros, limpos e sustentables durante todo o ano.
Modalidades do servizo
- Mantemento periódico programado
- Actuacións puntuais ou de tempada
- Deseño e acondicionamento de novos espazos
A quen vai dirixido?
Beneficios para a túa organización
- Contornos máis seguros e coidados
- Planificación adaptada ao calendario de cada espazo
- Un único provedor para xardinaría e mantemento exterior
- Prácticas orientadas á sustentabilidade
Achega social
Cada contrato de xardinaría contribúe a xerar postos de traballo estables para persoas con discapacidade.
Preguntas frecuentes
Traballan con contrato anual ou só con actuacións puntuais?
As dous modalidades son posibles; a proposta adáptase á frecuencia que precise cada espazo.
Poden encargarse de espazos de gran tamaño ou con arboredo?
Si, a proposta dimensiónase segundo a superficie e ás necesidades específicas de cada emprazamento.
Como solicito unha visita previa?
A través do formulario desta páxina ou chamando ao teléfono de contacto.