Política de privacidade

Información xeral

A persoa titular informa sobre a súa política de privacidade respecto do tratamento e da protección dos datos de carácter persoal das persoas usuarias e clientes que poidan recabarse durante a navegación ou ao contratar un servizo a través deste sitio web (acsinserta.com).

Neste sentido, garante o cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais: a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais (RXPD).

O uso do sitio web implica a aceptación desta política de privacidade, así como das condicións incluídas no aviso legal.

Responsable do tratamento

Responsable: AGENCIA COMPRAS Y SERVICIOS INSERTA SL. NIF: B70533112.

Domicilio: Rúa Cataluña 20, 1º Local 10, Edificio ODEON, Centro de Negocios, 15570 Narón (A Coruña), España.

Teléfono de contacto: +34 881 095 378. Correo electrónico: info@acsinserta.com. Sitio web: acsinserta.com.

Principios aplicados no tratamento de datos

Licitude, lealdade e transparencia: requirirase o consentimento para o tratamento dos datos persoais, que poderá ser para un ou varios fins específicos sobre os que se informará previamente con absoluta transparencia.

Minimización de datos: solicitaranse só os datos estritamente necesarios para o fin ou os fins para os que se piden.

Limitación do prazo de conservación: os datos manteranse durante o tempo estritamente necesario para o fin ou os fins do tratamento.

Integridade e confidencialidade: os datos trataranse de modo que se garantan a súa seguridade, confidencialidade e integridade. Tómanse as precaucións necesarias para evitar o acceso non autorizado ou o uso indebido dos datos por parte de terceiros.

Obtención de datos persoais

Para navegar por este sitio web non é necesario facilitar ningún dato persoal.

Proporciónanse datos persoais ao contactar mediante os formularios do sitio web ou por correo electrónico, e ao contratar un servizo.

Finalidade do tratamento

Formularios de contacto: solicítanse datos como nome, organización, correo electrónico, teléfono, idioma de contacto e mensaxe, coa finalidade de responder ás consultas, ofrecer información sobre os servizos, incluídos orzamentos e propostas, e atender dúbidas, queixas ou comentarios sobre o sitio web, os servizos ou o tratamento dos datos.

Contratación de servizos: trátanse os datos necesarios para manter a relación comercial, prestar os servizos contratados e realizar a facturación e o cobro.

Outras finalidades: garantir o cumprimento das condicións recollidas no aviso legal e da lei aplicable, e apoiar e mellorar os servizos que ofrece este sitio web.

Lexitimación para o tratamento de datos

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento da persoa interesada, a execución do contrato ou a aplicación de medidas precontractuais coa persoa interesada e o cumprimento de obrigas legais.

Categorías de datos persoais

Trátanse datos identificativos e de contacto. Non se tratan categorías especiais de datos.

Conservación dos datos

Os datos persoais conservaranse ata que a persoa interesada solicite a súa supresión, salvo aqueles que exista obriga de conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Destinatarios

Non se ceden datos persoais a terceiros, salvo obriga legal.

Dereitos das persoas interesadas

Pode exercer os seus dereitos de acceso aos datos almacenados, rectificación ou supresión, limitación do tratamento e oposición ao tratamento. Non pode exercerse o dereito á portabilidade dos datos.

O exercicio destes dereitos é persoal, polo que debe realizalo directamente a persoa interesada, enviando a súa petición xunto cunha fotocopia do documento nacional de identidade ou equivalente a info@acsinserta.com. O exercicio destes dereitos non alcanza os datos que exista obriga de conservar con fins administrativos, legais ou de seguridade.

Ten dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante a autoridade de control, neste caso a Axencia Española de Protección de Datos, se considera que o tratamento dos seus datos persoais infrinxe o regulamento.

Seguridade dos datos persoais

Para protexer os seus datos persoais tómanse todas as precaucións razoables e séguense as mellores prácticas do sector para evitar a súa perda, mal uso, acceso indebido, divulgación, alteración ou destrución. Os datos persoais utilizaranse só para as finalidades indicadas.

Exactitude e veracidade dos datos persoais

A persoa usuaria comprométese a que os datos facilitados sexan correctos, completos, exactos e vixentes, e a mantelos debidamente actualizados. É a única responsable da veracidade e da corrección dos datos remitidos e exonera a persoa titular de calquera responsabilidade ao respecto.

Aceptación e consentimento

Como persoa usuaria, declara ter sido informada das condicións sobre protección de datos de carácter persoal e acepta e consente o seu tratamento na forma e para as finalidades indicadas nesta política de privacidade. Para contactar mediante os formularios deste sitio web debe aceptar a presente política de privacidade.

Cambios na política de privacidade

A persoa titular resérvase o dereito a modificar a presente política de privacidade para adaptala a novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como a prácticas do sector. Estará vixente ata que se substitúa por outra debidamente publicada.