Impacto social
Como Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social, a nosa razón de ser e xerar emprego de calidade para persoas con discapacidade a través dunha actividade económica profesional e competitiva.
Non presentamos as persoas que traballan connosco desde a compaixón nin desde o paternalismo. Son profesionais que achegan capacidade, experiencia e compromiso a cada proxecto, coas mesmas esixencias de calidade que calquera outro provedor.
Traballar con ACS INSERTA significa contratar un servizo profesional que, ademais, contribúe de forma directa á inclusión laboral e a transformación das comunidades nas que operamos.