Aviso legal

Identificación e titularidade

En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, expóñense os datos identificativos da persoa titular deste sitio web:

Titular: AGENCIA COMPRAS Y SERVICIOS INSERTA SL. NIF: B70533112. Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social núm. 180-GZ.

Domicilio: Rúa Cataluña 20, 1º Local 10, Edificio ODEON, Centro de Negocios, 15570 Narón (A Coruña), España.

Teléfono de contacto: +34 881 095 378. Correo electrónico: info@acsinserta.com. Sitio web: acsinserta.com.

Finalidade

A finalidade deste sitio web é dar a coñecer a actividade de ACS INSERTA como axencia de compras e centro especial de emprego de iniciativa social, así como os servizos que presta.

Condicións de uso

A utilización deste sitio web outorga a condición de persoa usuaria e implica a aceptación completa de todas as cláusulas e condicións de uso incluídas neste aviso legal, na política de privacidade e na política de cookies. Se non está de acordo con algunha delas, abstéñase de utilizar o sitio web.

O acceso ao sitio web non supón, en ningún caso, o inicio dunha relación comercial coa persoa titular.

A persoa usuaria comprométese a non utilizar os contidos do sitio web con fins ou efectos ilícitos, prohibidos neste aviso legal ou pola lexislación vixente, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos contidos, dos equipos informáticos ou dos documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático propio ou contratado pola persoa titular, por outras persoas usuarias ou por calquera usuario de internet.

Maioría de idade

Debe ter polo menos 18 anos, ou a maioría de idade que se requira no seu país, para usar os servizos ofrecidos pola persoa titular. Se reside fóra da Unión Europea, debe ter polo menos 13 anos, ou a idade que se requira no seu país, para utilizar o sitio web. Se non ten a idade suficiente para aceptar estas condicións no seu país, o seu pai, nai ou titor deben aceptalas en seu nome.

Medidas de seguridade

Os datos persoais que facilite á persoa titular poden almacenarse en bases de datos automatizadas ou non, cuxa titularidade lle corresponde en exclusiva, e que asume todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garantan a confidencialidade, a integridade e a calidade da información que conteñen, de acordo co establecido na normativa vixente en protección de datos. Non obstante, debe ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos en internet non son enteiramente fiables e de que, por tanto, non se pode garantir a inexistencia de virus ou doutros elementos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos (software e hardware) da persoa usuaria ou nos seus documentos electrónicos e ficheiros, aínda que se poñen todos os medios necesarios e se toman as medidas de seguridade oportunas para evitar a presenza destes elementos daniños.

Tratamento de datos persoais

Pode consultar toda a información sobre o tratamento de datos persoais que realiza a persoa titular na páxina de política de privacidade.

Contidos

A persoa titular obtivo a información, o contido multimedia e os materiais incluídos no sitio web de fontes que considera fiables e tomou todas as medidas razoables para asegurar que a información é correcta, pero non garante que sexa exacta, completa ou actualizada. Declina expresamente calquera responsabilidade por erro ou omisión na información contida nas páxinas do sitio web.

Queda prohibido transmitir ou enviar a través do sitio web calquera contido ilegal ou ilícito, virus informáticos ou mensaxes que, en xeral, afecten ou vulneren dereitos da persoa titular ou de terceiros.

Os contidos do sitio web teñen unicamente unha finalidade informativa e baixo ningunha circunstancia deben usarse nin considerarse como oferta de venda, solicitude dunha oferta de compra nin recomendación para realizar calquera outra operación, salvo que así se indique expresamente.

A persoa titular resérvase o dereito a modificar, suspender, cancelar ou restrinxir o contido do sitio web, as ligazóns ou a información obtida a través del, sen necesidade de aviso previo, e non é responsable dos danos e prexuízos que puidesen derivarse da utilización da información do sitio web.

Política de cookies

Pode consultar toda a información sobre a recollida e o tratamento de cookies na páxina de política de cookies.

Ligazóns a outros sitios web

A persoa titular pode proporcionarlle acceso a sitios web de terceiros mediante ligazóns, coa finalidade exclusiva de informar sobre a existencia doutras fontes de información en internet nas que poderá ampliar os datos ofrecidos no sitio web.

Estas ligazóns non supoñen en ningún caso unha suxestión ou recomendación para que visite as páxinas de destino, que están fóra do control da persoa titular, polo que esta non é responsable do seu contido, do resultado que obteña ao seguilas nin das ligazóns situadas nos sitios vinculados. O establecemento da ligazón non implica relación ningunha entre a persoa titular e o propietario do sitio ligado, nin a aceptación ou aprobación dos seus contidos ou servizos.

Se accede a un sitio web externo desde unha ligazón deste sitio web, deberá ler a política de privacidade desse outro sitio, que pode ser diferente da deste.

Propiedade intelectual e industrial

Todos os dereitos están reservados.

Todo acceso a este sitio web está suxeito ás seguintes condicións: a reprodución, o almacenamento permanente e a difusión dos contidos, ou calquera outro uso con finalidade pública ou comercial, quedan expresamente prohibidos sen o consentimento previo, expreso e por escrito da persoa titular.

Limitación de responsabilidade

A persoa titular declina calquera responsabilidade en caso de interrupcións ou mal funcionamento dos servizos ou contidos ofrecidos en internet, sexa cal for a súa causa. Así mesmo, non se fai responsable de caídas da rede, perdas de negocio a consecuencia delas, suspensións temporais do subministro eléctrico nin de calquera outro dano indirecto causado por motivos alleos á persoa titular.

Antes de tomar decisións ou accións con base na información do sitio web, recoméndase comprobar e contrastar a información recibida con outras fontes.

Lexislación aplicable e xurisdición

Este aviso legal réxese integramente pola lexislación española.

Contacto

Se ten calquera dúbida acerca deste aviso legal ou quere realizar algún comentario sobre o sitio web, pode escribir a info@acsinserta.com.